Presentación de 4Espazos, Colectivo de Facilitación

Presentamos o blogue de 4Espazos, colectivo de facilitación no que iremos contando que vimos sendo, que actividades propomos e onde se poderán comezar debates e sinerxias sobre a xestión e facilitación de grupos non só na Galiza mas no resto do Estado e alén das fronteiras legais.

O mellor xeito de comezar é explicar quen somos e que facemos.
Pois ben, somos un grupo de persoas que fixemos a formación de nivel básico e medio do IIFACe no primeiro ano que se celebrou no Ceida de Santa Cruz e en Anam Cara de Sada.
Completamente enganchadas a este mundiño de visualizar as estructuras dos grupos, os roles fantasmas, e as diversas metodoloxías que se poden aplicar para facer mais facil a vida dun grupo, quixemos continuar con esta aprendizaxe de forma colectiva e decidimos crear un grupo ao que agora chamamos 4Espazos.

4Espazos representa os catro espazos que ten de ser considerados no proceso dun grupo: Asemblea, Obradoiro Creativo, Foro de Emocións e Espazo de Celebración. Isto é a toma de decisións, a creatividade e indagación, as emocións e a cohesión e valorización grupal.


Neste primeiro ano de vida ocupámonos principalmente do noso propio proceso tendo en conta que chegamos de diferentes culturas e perspectivas, con diferentes experiencias no traballo grupal, emocional, laboral ou activista e con diferentes situacións en termos de tempos e necesidades,
Tamén tivemos que facer a nosa transición do grupo formativo resultado de dous anos de fins de semana intensos e guíados polo noso profesor César Fernandez, a gañar independencia no noso proceso de aprendizaxe e posta en práctica do aprendido.

Alén do noso proceso tamén organizamos formación en áreas como a toma de decisións a través do Consenso con Davide Marco Giachino ou a xestión emocional e construcción de confianza grupal proposta polo Forum Zegg con Barbara Stützel e Achim Ecker.

Neste ano, comezamos con unha estrutura básica consensuada coa que imos poder traballar con mais seguridade e vontade, con mais formación e actividades abertas da que vos iremos informando periodicamente a través deste blogue e do facebook.

Se queres formar parte da lista de divulgación xeral para recibir información s escrívenos a 4espazos@gmail.com

Suxestións e propostas son benvidas. Precisamos de todas e todos para aprender e crecer.

Un saúdo forte e benvidas/os a 4Espazos!



Comentarios