Obradoiro de Comunicación Non Violenta en Abril

Comunicación Non Violenta: As Bases da Comunicación Empática

15, 16 e 17 de Abril 2016
En Vilarcova, Oleiros (A Coruña)





Obradoiro de fin de semana (14h)
Venres 15: De 17:00 a 20:00
Sábado 16: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
Domingo 17: De 10:00 a 14:00


Prezo: 60€

Formulario de inscripción: http://goo.gl/forms/vZLIyf7qTc
 
Facilita Javi García

A Comunicación Non Violenta (CNV) ten como premisa a natureza solidaria do ser humano, todos os seres humanos experimentamos pracer ao dar e recibir, nembargantes, hai algo que nos aliena desa natureza compasiva e que se encontra, polo menos en parte no marco socializador. 
A CNV propón un método sinxelo na súa comprensión e ao mesmo tempo de grande profundidade que nos axuda, a través dos ámbitos da empatía cunha mesma e cun mesmso, a escoita empática da outra persoa e a expresión asertiva, a diferenciar as evaluacións das observacións, a recoñecer os nosos sentimentos separándoos de tintes culpabilizadores, a recoñecer as necesidades profundas propias e das nosas interlocutoras, e a indagar accións que podan enriquecer a nosa vida.

Conteúdos:

1. A Comunicación que nos afasta e nos aproxima.
2. A Expresión Empática: Os Catro Compoñentes da CNV
3. A Escoita Empática.
4. A Autoempatía.
5. A Expresión da Ira desde a Non Violencia
6. O Agradecimento mediante a CNV

Este obradoiro vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento das suas habilidades sociais coñezan ou non a CNV e que desexen compartir, crecer, conectar, aprender e/ou obter poder persoal;
Persoas que desexen relacións auténticas e honestas e persoas que participan en grupos e queran contribuir ao desenvolvemento dun espazo de xestión emocional nestes.
Mais concretamente, vai dirixido a facilitadoras de grupo, persoas que se ocupen de outras persoas, terapeutas, mestras e profesionais da saúde que queiran coñecer, practicar ou profundizar na CNV, así como adquirir ferramentas concretas para o seu traballo.

Javi García practica, ensina e promove a CNV desde hai cinco anos a través de grupos de prácticas, cursos e obradoiros que realiza principalmente en colaboración coa asociación "Herramientas para la Empatía"

Estudou socioloxía e se ten formado en relacións de bon trato co "Instituto Terapia de Reencuentro" que dirixe Fina Sanz.
Na actualidade está en formación como facilitador de grupo polo "Instituto de Facilitación y Cambio hacia el Elderazgo (IFACE)".

Acompaña o desenvolvemento das reunións de asociacións e proxectos no ámbito da conexión, indagación colectiva, xestión emocional e toma de decisións. Tamén organiza, dirixe e acompaña grupos de xaxún terapeútico na "Asociación Betsaida de Segart " (Valencia).

Podes ver información completa do Obradoiro e do formador AQUI 

Para mais información:
www.latransformaciondelconflicto.es
www.4espazos.blogspot.com
4espazos@gmail.com


Comentarios