Obradoiro Colectivo "O meu primeiro curriculum facilitador"


Despois dun periodo de formación non-reglada no Ifface e tendo moitas de nós comezando a embarcármonos en intervencións facilitadoras de diferente nivel e dificuldade vemos necesario facer un traballo de reflexión e compilación dos coñecementos e experiencias que conforman o que podería chamarse o “noso primeiro CV facilitador”. 

Nesta proposta guíada por Mariola Mourelo imos traballar colectivamente para dar ese primeiro empuxonciño que nos  clarifique un pouco onde estamos agora e por onde queremos ir.

Este obradoiro terá lugar o Sábado 18 de Xuño das 11:00 ás 14:00 no local da Asociación Anam Cara (rúa Barrié de la Maza, 15, 2ºB, Sada) con facil aceso de transporte público. 
 
A quen vai dirixido: Persoas con formación mínimo nivel inicial do Ifface ou similar e con interés en continuar coa formación e/ou práctica facilitadora.

Obxectivos:
  • Crear un espazo para a exploración persoal e profesional da facilitación
  • Compartir as motivacións persoais e profesionais que nos trouxeron ao mundo facilitador
  • Facer unha listaxe mais ou menos “caórdica” dos coñecementos teóricos e prácticos que xa posuimos como facilitadoras en prácticas
  • Explorar as fortalezas e debilidades do noso CV e como podemos visibilizalas, potencialas (F) e melloralas, superalas (D)
Metodoloxía: traballo individual e grupal, oral e escrito, dinámicas de intelixencia colectiva, proceso creativo, etc.

Custe: Bote comunitario consciente (cada quen decide o aporte monetario ou outro a dar dacordo ao que lle retribúa o obradoiro e o que ela ou él poda aportar)

PROGRAMA:

A) Presentación e Contextualización: Para que queremos un CV facilitador?
B) Explorar as cualidades e habilidades recomendábeis da persoa facilitadora.
C) Elaboración do noso primeiro CV facilitador
D) Conclusións e feche 

É imprescindibel inscripción que podes realizar a través deste formulario http://goo.gl/forms/lMdZhwhGijxb8HUW2   . Para dúbidas podes contactarnos en 4espazos@gmail.com 
 

Comentarios