Obradoiro de Foro Orientado a Procesos, con Ana Rhodes




4 Espazos organiza un Obradoiro sobre Foro Orientado a Procesos, con Ana Rhodes

Desde o Colectivo 4espazos, adicado á promoción e formación en temas relacionados coa Facilitación de Grupos, organizamos este obradoiro específico de Foro Orientado a Procesos (FOP).

Ana Rhodes é Executive Director da Fundación Findhorn. Está formada en terapia junguiana e transpersoal. É coach e Máster en Proceso Orientativo Psicolóxico en EEUU. A súa forma de traballo integra o persoal, o relacional e o grupal a nivel terapéutico e sistémico, traballando con colectivos de ata 300 e 400 persoas. Achegamos un vídeo para que coñezas mellor o seu traballo:

 



 O obradoiro realizarase en Vilarcova (Oleiros), a fin de semana do 22 ao 24 de xullo, no seguinte horario: venres de 16:30h-19:30h, sábado de 10h-14h e de 16h-19h,  domingo de 9:30h a 14h. O custe é de 110 € e poderemos realizalo cun grupo óptimo de 20 participantes

* Inscríbete antes do 2 de xullo na seguinte ligazón: Formulario de inscrición >>

* Máis información: 
4espazos@gmail.com
Evento no facebook >>

Comentarios