Un saborciño de Fórum: "Introducíndonos no Segredo da Confianza"


Susana Castro e Mariola Mourelo socias do Colectivo de Facilitación 4Espazos estamos a facer durante este ano a formación de facilitadoras de Fórum con Barbara Stützel e Achim Ecker da Ecoaldea Zegg de Alemaña. O Fórum é  unha ferramenta de xestión emocional grupal a través da creación de confianza que nos gustaría convidarvos a experimentar guiadas por nós, como facilitadoras "en prácticas" no fin de semana do 24 e 25 de setembro en Ouces, Concello de Bergondo (A Coruña).

Esta sería unha primeira experiencia introductoria como recibidoras dao Forum na que vos levaríamos a través de dinámicas de cohesión e conexión interior e grupal, xogos, e algunhas explicacións básicas sobre as emocións como fontes de poder para lidar coas diferentes situacións en que nos coloca a vida, co obxectivo de crear un espazo de apertura e confianza para exercitar a omunicación honesta e desde o corazón.

Qué é o Forum?
O Forum é un proceso de xestión emocional e instrumento de investigación humana. Foi creado na ecoaldea ZEGG e estase a desenvolver desde hai mais de 30 anos. Hoxe utilízase en moitas comunidades intencionais en todo o mundo para crear confianza e cohesión no grupo.
Sobre a base dos traballos de Willhem Reich, Fritz Perl, Jakob L. Moreno e outrxs investigadorxs do ser humano creouse o Fórum a partir dun proceso artístico revelando e expresando a natureza do ser humano. O proxecto Bauhutte desenvolveu este proceso en convivencia e ata hoxe utilízase maioritariamente en grupos para crear transparencia emocional, desenvolver o potencial de cada participante e crear comunicación auténtica. O seu obxectivo é o ser humano “adulto”, consciente de e en contacto coas súas emocións, calidades e sombras. Esa persoa non pode ser manipulada e terá unha habiliade para respostar ás situación que enfrenta creando o que quer crear.

En que nos estamos a formar as facilitadoras "en prácticas"?
Susana e Mariola estamos a aprender a facilitar o proceso de Fórum explorando as formas de ampliar a confianza entre persoas e os grupos. Profundizamos no autocoñecemento (fortalezas e sombras) e facemos traballo de autoconciencia do noso estilo persoal como facilitadoras co fin de abordar a facilitación nos diversos ámbitos que se presenten nos grupos.
En Agosto imos participar na Semana de Experiencia na Ecoaldea Zegg, onde se orixinou esta ferramenta, para coñecer a práctica da mesma no seu espazo natural e ser monitorizadas polas nosas formadoras sobre a facilitación do Fórum.

Mais información sobre o Fórum Zegg (inglés) http://www.zegg.de/en/community/zegg-forum.html
Sobre a aldea ZEGG (espñol) http://www.zegg.de/es/

A quen está dirixido este convite?
Está dirixido a aquelas persoas con interés en ampliar o coñecemento delas mesmas e do grupo a través da confianza e comunicación honesta.
Especialmente, mas non só, a persoas que participan en comunidades, colectivos ou grupos con actividade regular, e que precisen de explorar ferramentas de xestión emocional para a súa utilización nun futuro dentro do seu colectivo.

Cando será?
Do
sábado 24 ás 10:00 ao Domingo 25 ás 14:00
 

Sábado 24
10 a 14: Acollemento e aquecemento
14 a 16: Xantar
16 a 20: Conexión, teoría básica e prática
20 a 22: Descanso e cea
22 a 23:30: Celebración e convivencia
Domingo 25
10 a 14: Prática, avaliación e feche
 


Onde?
Parroquia de Ouces, en Bergondo (A Coruña)

Canto custa?
O custe é de 40€ por persoa. Hai a posibilidade de descontos do 50% para unha persoa na troca de axuda coa loxística de preparación e recollida do espazo. Priorizaríase persoas con condicións socioeconómicas que poideran dificultar a súa asistencia (particularmente considerando mulleres, migrantes, diversidade funcional, maternidade,etc)

Este prezo incluiría a facilitación e organización da actividade, os gastos de utilización do espazo e aloxamento durante o fin de semana, e unha comida quente e bebidas e petiscos para os descansos.


Aloxamento: Dormida a noite do sábado en colchós Inflabeis, normais, algunha cama con prioridade para persoas con problemas de saude, en cuartos comunitarios ou a posibilidade de montar a túa tenda no xardín.

Podes inscribirte utilizando este formulario https://goo.gl/forms/weXunknvQW2DJR3m2

Hai número limitado de prazas que se cubrirán por orden de inscripción e pagamento. 

Data limite 20 de setembro.

Para calquera pregunta que queiras facer podes contactar con nós utilizando o email 4espazos@gmail.com

Esperamos que vos interese unirvos nesta aventura connosco.

Comentarios