Obradoiro "Poder, Xénero e Feminismo: Transformando as relacións e coidados nos grupos"



Dende o colectivo de facilitación de grupos 4Espazos promóvese o obradoiro  “Poder, Xénero e Feminismo: transformando as relacións e coidados nos grupos" que está dirixido a todas as persoas e colectivos interesados en mellorar a conciencia persoal e colectiva sobre este tema, en como afecta as relacións e dinámicas dos grupos e na melllora do seu clima e funcionamento.

O obradoiro ten un carácter teórico-práctico que abordará os seguintes contidos:
  1. Xénero, poder e privilexios.
  2. Os Coidados: (re) definición, xestión e integración dos coidados nos grupos.
  3. Unha ollada feminista á facilitación e xestión de grupos

Esta iniciativa xurde de experiencias compartidas como feministas e participantes en proxectos grupais diversos de Marta Casal e Mariola Mourelo, socias activas do colectivo de facilitación 4Espazos. Preguntábamonos se sería posibel unha facilitación non feminista, unha transformación social, política e colectiva sen ter consciencia dos roles de xénero e como estes afectan as nosas relacións no traballo de grupo. Decidimos que era momento de dar un paso máis para enriquecer o abano de propostas formativas que se estaban a ofrecer no noso colectivo e tivemos a sorte de que outras tres mulleres Maria Rosendo, Mar Cendón e Mari Fidalgo, con extensa formación e experiencia de xénero, feminista e grupal aceitasen o reto de organizar e liderar esta primeira actividade.

A proposta de formación feminista para grupos que nos ofreceron abranxen alén deste obradoiro de nível inicial un segundo de traballo máis especifico de diagnose e resposta con cada grupo e un de nível máis avanzado que se irían confirmando dacordo as necesidades e resposta xurdidas neste primeiro.

Duración: 12 horas
Datas e horarios:
Sábado 21 de xaneiro.
10 -14 e de 16-20 horas.
Opción de comida en grupo no restaurante senegalês Mama África
Domingo 22 de xaneiro.
10-14 horas.
Lugar: Local ong Viraventos. Rúa Mosteiro de Caaveiro, 4. A Coruña
Coste: 45 euros (Se tes dificultade en asumir o prezo do obradoiro, por favor contacta connosco. Unha vez cubertos os gastos mínimos consideraremos 1 ou 2 bolsas de estudo de cantidade a determinar).
Data tope de inscripción e formalización do pagamento: 12 de xaneiro
Precisamos un grupo mínimo de 12 persoas para poder levar adiante o obradoiro. Despois desta data non se devolverá a matrícula en caso de cancelación da inscripción.
INSCRÍBETE! envíanos o formulario completado neste link https://goo.gl/forms/fmAqWXI7b124cSqG3 hoxe e reserva o teu espazo.

Para máis información: 4espazos@gmail.com - www.4espazosfacilitacion.blogspot.com

Persoas facilitadoras do obradoiro

Mar Cendón
Tenho formación en Ciencias Políticas e Estudos de Xénero e dedícome a proxectos vinculados ao feminismo no ámbito da educación, a divulgación e a comunicación, o activismo, a creación artística e en todos os meus proxectos de vida.
Reivindico a vulnerabilidade e a resistencia e traballo pola despatriarcalización dos espazos e das relacións e a construcción colectiva e autoxestionada de ferramentas de empoderamento.

María Rosendo
Filóloga, educadora social e máster de xénero.
Desde o ano 2009 dinamiza, desde a perspectiva feminista, múltiples espazos de autoestima, xénero e vínculos amorosos con mulleres adultas e con adolescentes en diferentes centros do país.Ten feito o primeiro e segundo nivel de Facilitación e Xestión de Grupos co Ifface. Na actualidade é estudante de Traballo de Procesos no Instituto de Trabajo de Procesos de Barcelona.Acredita no feminismo como forma de estarmos e relacionarnos no mundo, e desde aí vive o seu cotiá.


Mari Fidalgo
Psicóloga, feminista e ativista na construção de vidas dignas, plenas, felizes e em liberdade.
Um compromisso que me leva a atuar em diferentes âmbitos nos que se cruzam vetores como o gênero, a classe, as migrações, os direitos sociais e a educação popular. Um caminho percorrido e inspirado por muitas outras, confeccionado entre diferentes mãos e saberes, com a centralidade nos cuidados e no bom trato como aposta política.

A busca de ferramentas para tecer relações e espaços grupais saudáveis conduziu-me à facilitaçao de grupos. Guiada pelo interesse no corpo e no movimento como veículos de mudança pessoal e coletiva cheguei à Biodanza, sistema no que me estou a formar na atualidade.

Comentarios