Abrimos a porta de 4 Espazos!




Temos a alegría de informar de que abrimos 4 Espazos!
o noso (e pode que teu ;) colectivo de facilitación.

Logo de dous anos de camiño cheos de experiencias, queremos incorporar xente con ganas e ilusión de seguir a desenvolver a actividade de 4 espazos en torno á facilitación de grupos. Para conseguilo, comezamos un Proceso de entrada de novas socias. Este é o nos primeiro paso, avisar ao mundo de que queremos acoller xente nova. Ata finais do mes de maio recolleremos todas as peticións de entrada que nos fagades chegar.

Se tedes interese en unirvos a 4 Espazos ou coñeces a alguén que poida telo atoparedes tamén nesta pestana do blog o link ao cuestionario Quero ser parte de 4 Espazos!, que vos propoñemos cubrir para facernos chegar a vosa petición de entrada.

As nosas porteiras, encargadas de manter o contacto coas persoas que queirades entrar e coordinar todo este proceso, son as integrantes do noso Grupo de Acollida, Inés e Marta. Para calquera dúbida ou comentario podedes contactar con elas a través da dirección de correo de 4 Espazos, 4espazos@gmail.com.

Un saúdo dende a porta!
Inés

Comentarios