Taller "Amor y las máscaras"


Nosa compañeira Susana, facilitadora Forum, está a organizar un novo taller para descubrir esta ferramenta de xestión emocional grupal indagando nun dos temas que mellor coñecer, o amor. Aquí vos deixamos a súa proposta:
Di Zigmunt Bauman no seu libro "Amor líquido" que "en todo amor hai polo menos dous seres, e cada un de eles é a gran incógnita da ecuación do outro. Isto é o que fai que o amor pareza un capricho do destino, ese inquietante e misterioso futuro, imposible de prever; de previr ou conxurar, de paresuar ou deter. Amar significa abrirlle a porta a ese destino, á máis sublime das condicións humanas na que o medo se funde co gozo nunha aleación indisoluble, cuxos elementos xa non poden separarse. Abrirse a ese destino significa, en última instancia, dar liberdade de SER: esa liberdade que está encarnada no Outro, o compañeiro no amor". 
Como acceder ao noso SER e mostralo será o punto de partida deste taller. A miudo nos relacionamos a través da nosa máscara. É como unha CAIXA que nos protexe e nos axuda, é o noso xeito de pensar, a visión do mundo, a persoalidade, a identidade, as estratexias de defensa e de s+ 5 abotaxe. Protéxenos na vida, pero nos limita en canto ás nosas posibilidades.
Utilizaremos a técnica FORUM para indagar e debatir sobre cómo nos relacionamos, que tipos de vínculos establecemos e que ideas temos sobre o amor. Crearemos un espazo de seguridade e confianza onde poder acoller toda a diversidade de sentires. Adicaremos espazo para a teoría e dinámicas, así como espazos de compartir fora do horario pois é un taller con convivencia. 
DATAS: sábado 3 e domingo 4 de xuño.
HORARIO: sábado de 10h a 14h. e de 16h. a 20 h., domingo de 10h. a 14h.
LUGAR: Vilarcova, Santa Cruz (A Coruña).
PREZO: 50€ (+ 5€ aloxamento) Posibilidade de dous trocos. 
INCRIPCIÓNS: susanafacilitación@gmail.com



Comentarios