Primeiros pasos na Xestión e Facilitación de Grupos


En 4Espazos comezamos o ano cunha proposta de formación de nivel inicial de Xestión e Facilitación de Grupos para todas aquelas persoas e grupos que tedes curiosidade por coñecer mais sobre como se funciona en colectivo e como se pode facer a súa vida mais fácil.

Que é un grupo e como funciona? Cómo facer para que as nosas reunións sexan máis efectivas? E máis afectivas?

Estas e outras preguntas que xorden cando traballamos en grupo serán a base desta formación de nivel inicial onde introduciremos os principios básicos da facilitación de grupos. 

Adaptándonos ás experiencias e necesidades das persoas participantes propoñemos unha sesión na que adquirir unha visión básica pero integral do traballo grupal e como a xestión e facilitación de grupos pode dar ferramentas útiles para ser aplicadas xa. Na parte da tarde focarémonos na mellora das reunións e asembleas para facelas mais efectivas, abordando problemáticas usuais coas que nos encontramos (xestión do tempo, turnos de palabra, moderación, falta de concrección...), ao mesmo tempo que ter en conta ás persoas e as súas emocións.

Conteúdos:

  • Que é un grupo e como funciona.
  • A facilitación de grupos como axuda para facer máis fácil o traballo en grupo
  • Reunións máis afectivas e efectivas. Ter en conta ás persoas, o proceso e os resultados.

A facilitación de grupos é unha actividade que se centra en observar e dar atención non só aos resultados e obxectivos que un grupo quere conseguir, pero tamén a como se queren facer as cousas, ao camiño ou proceso, e as necesidades e desexos das persoas que son parte do proxecto.

Se ti queres ser ese motor de cambio no teu grupo e aprender uns mínimos para aplicar xa, ou simplemente para poder entender mellor o que pasa e por que, este é o teu curso. Tamén e especialmente se queres realizar formación mais regular pero aínda non te terminaches de decidir, este día de primeiros pasos pode ser o inicio.

As formadoras-facilitadoras serán Inés Castro e Mariola Mourelo, membras de 4Espazos e con formación de nivel medio-avanzado do IFFACE.

Data: Sábado 27 de Xaneiro
Lugar: Vilarcova, Oleiros (A Coruña). Moi perto de Santa Cruz.
Horario: 11h a 14h e 16h a 20h
Prezo: 40€

Incripción aberta cubrindo este formulario https://goo.gl/forms/JqZ8A1a8033PDz262

Contacto: 4espazos@gmail.com

Comentarios