Curso do Conflito ao Soño. 9-11 e 16-18 Novembro 2018

A vocación pedagóxica ten moito que ver cos soños máis profundos: os que definen ás persoas e o seu xeito de estar no mundo. Están estreitamente ligados a quen somos, ao noso aporte para e coas demais; ao que nos fai únicas. Cando se perde a conexión cos soños, bloquéase tamén a capacidade de enfrontar as esixencias, o estrés do día a día e a complexidade da aula.

Explorar a información agochada detrás dos soños, así como nos conflitos, é unha ferramenta empoderadora. Permite entendelos, reconectar coa vocación docente, e xestionar dun xeito máis eficaz os desafíos cotiáns:

O Traballo de Procesos ou Psicoloxía Orientada a Procesos é unha metodoloxía impulsada polo terapeuta Arnold Mindell desde os anos 70 e cunha ampla difusión a nivel internacional leva anos desenvolvéndose tamén noutras zonas do Estado, especialmente en Cataluña. Desde alí chega á Galiza da man de dúas profesionais de dilatada traxectoria e avaladas ademais pola experiencia do programa «Mestras empoderadas» desenvolto en Suíza polo Instituto Grundkraft en 2008 e implantado a dia de hoxe en países moi diversos, como Alemaña, Eslovenia, Grecia ou Suráfrica.

Anna Pujol e Lucía Suanzes ofrecen a oportunidade de aplicala ao ámbito educativo a través da formación «Do conflito ao soño. Ferramentas facilitadoras para a xestión da aula»

Este curso está orientado a profesoras e profesores, mestres e mestras, con interese en reforzar as súas habilidades docentes. A intención é fornecer ferramentas para xestionar os numerosos desafíos que as profesionais da educación afrontan dentro e fóra da aula: o exceso de carga docente, as dificultades diante da diversidade crecente entre o alumnado ou as diverxencias de visión no equipo a respecto dos modelos educativos. Diante das dificultades Gañar acceso aos recursos internos. Aprender técnicas e métodos prácticos para a abordaxe de conflitos Mellorar as relacións e o ambiente na aula e no equipo de traballo Gañar conciencia sobre o propio estilo de docente é preciso fortalecer as habilidades e capacidades propias sen perder de vista o obxectivo e o sentido global do traballo.

Baseándose no Traballo de Procesos, tanto para facilitar unha caixa de ferramentas prácticas coma un espazo de foro para o intercambio de experiencias con outras profesionais da educación, desenvolveranse aquelas habilidades coas que conta cada persoa para desempeñar o seu traballo dun xeito efectivo e respectuoso consigo mesma e co resto da comunidade educativa.


Obxectivos.

- Gañar conciencia sobre o propio estilo de docente.
- Mellorar as relacións e o ambiente na aula e no equipo de traballo.
- Gañar acceso aos recursos internos.
- Aprender técnicas e métodos prácticos para a abordaxe de conflitos.


As formadoras. 

Lucía Suances Suárez: Diplomada en Educación Social pola Universidade da Coruña en 2002. Certificada polo Instituto Grundkraft na formación do programa «Mestr@s empoderad@s». Nos anos de universidade comeza o seu camiño profesional en temas que sente como alicerce básico na súa vida: o mundo das relacións humanas e das dinámicas que se derivan delas. Así, até a actualidade, a súa traxectoria profesional céntrase no ámbito da educación social, na formación no campo da xestión de grupos e de conflitos e no eido da educación libre e viva. Do conflito ao soño. Ferramentas facilitadoras para a xestión da aula é unha das expresións desta fusión, entre educación, acompañamento a grupos e situacións de conflito. É ademais nai de dúas fillas, que a acompañan en todo este percorrido en constante construción. 

Anna Pujol Villarroya: Licenciada en Ciencias Ambientais pola Universitat Autónoma de Barcelona en 2005. Especializada en Educación Ambiental con estudos de posgrao do Máster de Sostibilidade da Cátedra UNESCO da Universitat Politécnica de Terrassa. É a través da educación ambiental que descobre súa paixón polos colectivos sociais en risco e o potencial dos grupos. Desde 2001 adícase a temas relacionados coa educación social, especialmente con mocidade en risco de exclusión social, saúde mental e mulleres, e a facilitación e xestión de grupos. Desde 2004 fórmase en Traballo de Procesos co Instituto do Traballo de Procesos e Democracia Profunda de Barcelona (trabajodeprocesos.net) e forma parte do think tank International Deep Democracy Institute (DDI) (deepdemocracyinstitute.org).



Máis información e inscricións: info@rexenerando.com/ 698 157 414




Comentarios