Desde Fiadeiras temos o pracer de presentarvos o obradoiro teórico-práctico 'Xénero, poder e feminismos. Transformando as relacións e os coidados nos grupos'.
Neste encontro analizarase de forma crítica as relacións de poder que o xénero establece, ao tempo que promoverá a reflexión e a toma de consciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos.
Este obradoiro está dirixido especialmente a persoas que, de forma persoal ou profesional, participe ou dinamice grupos e teña interese en reflexionar e incorporar o feminismo dunha forma transversal dentro dos mesmos.
A duración total desta acción formativa é de 12h. que se impartirán durante un día e medio (10 e 11 de novembro).
prazo de inscrición está aberto ata o día 5 de novembro.
Un saúdo.

Comentarios