Foto de Rexenerando.
 Espazo vivencial facilitado por Anna Pujol e César Fernández.

A través da metodoloxía do Traballo de Procesos ou Psicoloxía Orientada a Procesos, o obxectivo deste obradoiro é facilitar que as persoas participantes amplien a súa consciencia sobre a propia identidade. Identificar e experimentar máis profundamente iso que nos fai ser nós mesmas permítenos sentirnos máis libres e achegar máis valor ás nosas vidas, aos nosos proxectos e ao mundo. Isto que non é doado no contexto social no que vivimos, é ademais, dalgún xeito, unha responsabilidade para a construción de sociedades máis xustas.

Destinado a educadoras/es, facilitadoras/es, mediadoras/es, activistas sociais, animadores/as socioculturais e, en xeral, calquera persoa interesada na transformación social.

Data: do 1 ao 3 de febreiro de 2019
Lugar: Compostela
Prezo: 195€
Data límite inscricións: 13 de xaneiro de 2019

inscricións: https://goo.gl/forms/curcpBJCfLj4Yau62
mais información en: info@rexenerando.com

Comentarios